FUNCIONAMENTO

COMO FUNCIONA ESTE SITIO WEB

Esta plataforma recolle altas dos negocios que se queren  transferir para que calquera persoa interesada en emprender un negocio en funcionamento poida consultar por provincia, localidade ou sector os negocios dispoñibles.
As persoas emprendedoras poderán consultar os negocios dispoñibles. (previo rexistro na páxina web).

As fichas de cada negocio estarán compostas por fotos do local, planos (nalgúns casos) descrición do negocio para axudarlle a decidir se o local consultado se axusta ou non ás súas necesidades.
 

QUERO TRASFERIR O MEU NEGOCIO, ¿que debo facer?

Diríxase ao apartado QUERO TRANSFERIR O MEU NEGOCIO.Deberá cubrir todos os campos obrigatorios que se solicitan nos formularios. Canta máis información poida achegar, as persoas emprendedoras máis interese mostrarán en contactar con vostede.  Actividade, descrición do negocio, descrición do local, fotografías, planos, dirección, etc.
Os datos persoais non estarán á vista. Só poderán contactar con vostede aquelas persoas que se dean de alta como emprendedoras. Só nese momento poderán visualizar o seu correo electrónico para contactar vostede.

 

QUERO EMPRENDER UN NEGOCIO EN FUNCIONAMENTO, ¿que debo facer?

Se realmente está interesado ou interesada debe darse de alta e accederá a os datos de contacto da persoa propietaria. Diríxase ao apartado QUERO EMPRENDER UN NEGOCIO.

Deberá cubrir todos os campos obrigatorios que se solicitan no formulario. Isto permitiralle poñerse en contacto coas persoas propietarias dos negocios que sexan do seu interese e facer unha consulta en liña á Dirección Xeral de Comercio.

 

QUERO CONSULTAR UN NEGOCIO

Para poder consultar un negocio desta páxina primeiro debe rexistrarse, se quere pode facelo agora QUERO REXISTRARME