ALTA NEGOCIO A TRANSFERIR

Deberá cubrir todos os campos obrigatorios que se solicitan no formulario e que están sinalados cun asterisco "*". Canta mais información poda achegar, máis interese mostrarán en contactar con vostede as persoas emprendedoras.

Os datos persoais non estarán á vista. Só poderán contactar con vostede as persoas que se dean de alta como emprendedores ou emprendedoras. Só nese momento poderán visualizar o seu correo electrónico para contactar vostede.

DATOS PERSONALES

DATOS ACCESO

DATOS DEL ESTABLECIMIENTO

En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolos de que os seus datos persoais serán tratados e quedarán incorporados no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, responsabilidade da Consellería de Economía e Industria, rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar as relacións administrativas cos cidadáns, como son procedementos administrativos, rexistros, axudas e subvencións, entre outras.

Os datos que se lle solicitan resultan necesarios para xestionar a súa solicitude, de xeito que de non facilitalos non será posible a súa participación. Neste sentido, vostede consinte expresamente a recollida e tratamento dos datos coa finalidade de rexistrarse na páxina web e acceder aos seus servizos, consistentes en dar de alta o negocio que desexe transferir, acceder aos datos de contacto dos negocios dispoñibles, participar no foro, facer consultas on-Line á Dirección Xeral de Comercio ou incluír comentarios nas fichas dos negocios.

Así mesmo, ao de dar de alta un negocio neste portal vostede autoriza expresamente que os seus datos de contacto (nome e apelidos, teléfono e correo electrónico) asociados ao negocio sexan públicos para os usuarios rexistrados que soliciten información relativa a dito negocio, co obxecto de poñerse en contacto con vostede. En ningún caso se farán públicos a usuarios non rexistrados ou en motores de busca.

Poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido á Consellería de Economía e Industria, con domicilio en San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela, achegando copia do seu DNI e, de ser o caso, acreditando representación suficiente.

Pregámoslle que no suposto de que se produza algunha modificación nos seus datos de carácter persoal no lo comunique co fin de manter actualizados os seus datos de carácter persoal.