INICIO

PROGRAMA DE TRANSMISIÓN COMERCIAL EN GALICIA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, ten entre os seus obxectivos prioritarios potenciar o comercio como un dos sectores clave para a reactivación económica das vilas e cidades galegas.

Por iso pon en marcha un novo programa para fomentar e apoiar a remuda comercial, ao tempo que se estimula o emprendemento. O obxectivo é asegurar a continuidade daqueles negocios que veñen funcionando desde hai anos, ao tempo que se incentiva as persoas emprendedoras que queren iniciar a súa andaina comercial nun negocio xa posicionado no sector e viable.

¿QUE QUERES FACER?

ALTA NEGOCIO

Esta opción permítelle amosar o seu negocio con imaxes, mapa de situación e unha descrición, para que calquera persoa interesada en adquirilo poida velo.

EMPRENDER UN NEGOCIO

Se está interesada ou interesado en emprender un negocio e quere contactar coa persoa propietaria, dese de alta.

CONSULTAR UN NEGOCIO 

Pode consultar os negocios dispoñibles por provincia, localidade ou sector.